jueves, 24 de mayo de 2012

Páginas terminadas ;)


Las pages terminadas del encargo :D
Felicidades de mi parte, Roci!! Un placer.

GAÑADORES DO III CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
DA BIBLIOTECA PÚBLICA CENTRAL 

Na categoría sénior,

1º Premio
María Amelia Campelo ca obra titulada “O vagón”.


2º Premio
Deserto.

Na categoría junior,

1º Premio
Jorge Fernández ca obra titulada “Carapuchiña vermella”.


2º Premio
Pedro Fernández ca obra titulada “Black Glove”.


Áccesit
Mario Álvarez ca obra titulada “ O salvador”.

Na categoría infantil,

1º Premio
Martín Rodriguez ca obra titulada “Renacer”.

2º Premio
Almudena Estévez ca obra titulada “O esquío mundial”.


 ENTREGA DE PREMIOS


O vindeiro sábado 26 de maio ás 12 horas farase entrega dos premios na sala de audiovisuais na segunda planta, darannos Dani Docampo e María Vilar. O xurado foi composto por ámbolos dous autores de banda deseñada.
Posteriormente, no vindeiro mes de xuño, exhibiranse nunha exposición os traballos gañadores na Biblioteca Central de Vigo, dende o 4 de xuño ata o día 30.

Estades todos convidados a asistir á entrega dos premios.

Vémonos!!

viernes, 18 de mayo de 2012

Novedad: Páginas de cómic de encargo

Hola a todos!!

En esto he estado trabajando estos días. Lo entrego la próxima semana.

martes, 17 de abril de 2012

Sábado 28 de abril na Biblioteca Central de Vigo, lectura dun conto e Exposición das ilustracións do mesmo.

O vindeiro sábado 28 de abril co motivo da celebración da semana do libro na Biblioteca Central de Vigo, e dentro do taller de debuxo de banda deseñada que se está a dar na mesma Institución; a artista María Vilar, tutora do curso e autora de cómics, procederá á lectura dun conto para adultos do que é autora: “O Rei Anllo” .
 Asímesmo, dentro das propias instalacións, fará unha visita guiada polas diferentes ilustracións que aparecerán no conto e que aínda está en proceso creativo. Explicará o procedemento que se precisa para determinar cales son as razóns que levan a ilustrar unha ou outra imaxe, o por qué da utilización duns ou outros deseños, a elección das cores e materiais escollidos, etc.
 Unha oportunidade única para achegar a todo ó público a creación dende o comezo dun conto e as súas ilustracións.
 Será na 2ª planta na Sala de Audiovisuais, de 12 a 13:30 e aberto a todo o público.

lunes, 5 de marzo de 2012

Exposición en Ourense

Bo día a todo@s!!
Invítovos a achegarvos a Ourense para poder desfrutar dunha exposición na que estou convidada. Velaí tendes toda a información.


“Encontros 8 de Marzo”
Do 7 ao 31 de marzo – Museo Municipal
“Muller, arte e creatividade”
Pintura. Fotografía. Ilustración. Caricatura. Tapiz. Vídeo.
Asún Ada -Belen Andrade - Socorro Balvís-Castiñeiras Ana-Olalla Castro-colectivo METT03.04 formado : Andrea Valado, Silvia Ojea e Bibiana Lorenzo-Eva Domínguez-Aida Estrela-Flora Fernández-Natalia Figueiras-Natalia G. Devesa-Ana Iglesias- J. Jiménez-Charo López-Idoia Luxan-Elena Malleira–Merçé-Elena Nieto-Olalla FL-Concha Outeiriño-Celia Parra-Pirusca-Luchi Polo-Raquel Rei-Esther Rodríguez Balboa-Iolanda Rodríguez-Raquel Rodríguez-Alba Rubín-Tareixa Taboada-María Vilar-Rosa Villar


“Promocionar todas aquelas  actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a creatividade artística das mulleres”.
Este é un dos obxectivos do Colectivo Violeta. As mulleres somos máis da metade do mundo e a penas temos espazos no eido da cultura visual.
Neste segundo Encontro queremos propoñervos que miredes estas creacións como unha forma de resistencia ás formas de facer, de ver, de reflectir na cultura dominante.
A cultura son os símbolos dunha sociedade, é a xanela dos valores que queremos transmitir.
E se eu digo “seres humanos” e “persoas” polo xenérico e non “homes” estou reivindicando uns valores determinados, unha sociedade que nos respecte na diferencia e nos iguale nas oportunidades.
As Violetas, neste mes de marzo, queremos ser un chisco provocadoras e espetarlle ao mundo a nosa visión: con colores, con sabores, con olladas, con linguaxes, con tacto, con ruído... ou o que é o mesmo, con pinturas, con esculturas, con videocreacións, con ilustracións, con fotografías, con montaxes e creacións artísticas en diversos formatos.
Entrades na exposición porque é creación ou porque son mulleres todas as artistas que expoñen?
E se fosen mulleres as que pintaban nas covas da prehistoria?.

Velaí tendes dúas exposicións, unha é unha morea de pintoras, esculturas, vídeos, collages, fotografías; a outra son caricaturas de mulleres, e ilustradoras, todas amosando un mundo máxico e persoal. Tamén as letras teñen un espazo, son as que colgan na escuridade dunha parede deste Museo Municipal.
Grazas ás 33 mulleres artistas, verdadeiras protagonistas do mes de marzo.



Actividades
Inauguración da exposición: “Muller, arte e creatividade” o día 7 ás 20.00 horas.
            Contaremos coa actuación da gaiteira Tania.


Sábado, 11
Proxección do documental: "TAMBIEN SOMOS MUJERES    “As mulleres con discapacidade intelectual somos, estamos, contamos”. Documental que narra cinco historias, cinco miradas distintas de cinco mulleres, ata agora invisibles.
Proxección do documental:  "A LAS PUERTAS DE PARIS"  A finais dos anos 60 máis de 600.000 españois vivían en Francia, Constituían a comunidade de emigrantes máis importante do pais.- A  metade eran mulleres chegadas de diferentes puntos de España.- Moitas delas traballaron como porteiras.- Este documental fala de súa experiencia como inmigrantes, mulleres e traballadoras.
Organiza Colectivo Anacos da Cidade. Ás 18.00 horas .
Proxección do Audivisual:  De Iolanda Rodríguez
Proxección dos audiovisuais:  “Noite de Ronda I”, “Noite de Ronda II” e “Noite de Ronda III”. As mulleres fotografas saen de ronda a fotografar a outras mulleres.
Ás 19.45horas, no Museo Municipal de Ourense
Sábado, 17
O grupo “As Candongas do Quirombo” preséntannos  as  proxeccións videopoemas, (todas as mulleres que fun, agora ti, Coda, Helena a escuras...), os Microdocus nos que están a traballar  ultimamente. È un  colectivo poético audiovisual formado orixinalmente pola poeta Andrea Nunes Brións e a comunicadora audiovisual Raquel Rei Branco.  
Ás 19.00 horas, no Museo Municipal de Ourense

domingo, 4 de marzo de 2012

Amor le llaman...

Hola, os dejo con el lápiz de una ilustración inédita que se podrá ver en una exposición en el Museo Municipal de Orense a partir del próximo 8 de marzo.
Espero que os guste ;D
Besitos!!